A Revista       Buscar en Rexurga       Bases de Datos Gratuítas       Novas       Participación       O Dato Útil       Ligazóns   
  Martes, 25 de xuño de 2019
Participación > Xanela Aberta
Xanela Aberta


Baremo segundo a data do sinistro Imprimir nova
Mércores, 22 de febreiro de 2006
Esa foi a tese dalgunhas sentenzas da Audiencia de Pontevedra (pode consultarse a do 30 de abril de 2002 da secc. 1ª no nº 35 de Rexurga co marxinal 104). Pero, hai pouco, o 4 de xaneiro de 2006, os maxistrados da orde civil desta fixaron outro criterio (pode consultarse o acordo na web de Rexurga entre os documentos de interese).

O Tribunal Constitucional veu decidir canto a este punto na súa sentenza 5/2006. O que pretendía amparo queixábase de que unha Audiencia “.. haya aplicado el baremo vigente en el momento del accidente en lugar del vigente en el momento de la Sentencia...”. O TC limítase, como lle cómpre, a estudar e decidir se esa decisión da Audiencia é, con outras decisións da mesma “...respuestas motivadas y fundadas en Derecho en las que no cabe apreciar arbitrariedad, manifiesta irrazonabilidad o error patente...” e recoñece que se trata dunha cuestión na que “...no está en cuestión infracción alguna del art. 24.1 CE...”. Pero a seguir recolle a argumentación da Audiencia que se fundamenta en que: [o TC que] “...aunque no desconoce la existencia de resoluciones contradictorias... en materia de derecho intertemporal o transitorio en el Código Civil se parte del principio general de irretroactividad de las leyes... postura que también se sostiene por el Tribunal Supremo en Sentencia 23 de febrero de 2000 y se desprende de lo declarado por el Tribunal Constitucional en el fundamento jurídico segundo de la Sentencia de 29 de junio de 2000... pues las sucesivas modificaciones o actualizaciones legales no van acompañadas de cláusula expresa de retroactividad que pudiera servir de base a la aplicación de la normativa vigente al momento de dictarse sentencia” (FD 5).

E conclúe o TC que resulta evidente que esa interpretación está motivada e que a súa motivación non resulta manifestamente irrazoable.

Pero aínda engade o TC que tal interpretación é a que se tivo por posible na STC 181/2000 do 29 de xuño: “....al afirmar la persistencia del objeto de la cuestión de inconstitucionalidad que afectaba a la tabla V del baremo a pesar de sus modificaciones posteriores (FJ 2)...”

A este respecto pode lembrarse que aquela STC 181/2000 considerou a non retroactividade das novas introducidas pola Lei 50/1998 que eliminou o límite de 18 meses de baixa e diferenciou a indemnización segundo os días para sanidade fosen ou non impeditivos.

A persistencia do obxecto da cuestión de constitucionalidade deriva de que o réxime anterior á vixencia desa lei de 1998 seguía sendo aplicable para sinistros anteriores.

O argumento da STC 5/2006 resulta obvio: se non hai retroactividade para eses aspectos do réxime baremado, tampouco o pode haber para as variacións das contías que se fixen periodicamente. Esa é a coherencia.

Autor: Luciano Varela Castro
rexurga.es (Revista Xurídica Galega)
e-mail: rexurga@rexurga.es
 
Páxina optimizada para 800x600, © rexurga.es
 Presentación   |   Subscribirse 
 Xurisprudencia   |   Colaboracións   |   As Nosas Leis 
 Lexislativa   |   Xurisprudencia   |   Ditames 
 Novas de Rexurga   |   Quiosco de Prensa   |   Novas da Xunta de Galicia 
 Documentos de Interese   |   Xanela Aberta   |   Foro 
 Calendario Festivo   |   Tipo de Xuro Xeral   |   Salario Mínimo Interprofesional   |   Indemnizacións Laborais   |   Directorio de Xulgados 
 Normas Urbanísticas en Galicia   |   Mapas de Galicia   |   Meteoroloxía   |   Cámaras Web 
 Administracións Xudiciais e Fiscais   |   Editoriais Xurídicas   |   Tribunais   |   Universidades